Omisteriodasbadaladas - (EPUB全文下载)

文件大小:1.64 mb。
文件格式:epub 格式。
书籍内容:

Xabier P. DoCampo
O misterio das badaladas
Ilustracións de Xosé Cobas
Contido
I. O reloxo novo de Eiranova
II. A primeira mensaxe
III. O labirinto
IV. Unha mensaxe complicada
V. As Novas de Eiranova
VI. Garabatos
VII. Unha longa conversa á hora da merenda
Post-Scriptum
Créditos
Para María Xesús e Daniel, que están no segredo das miñas historias
I. O reloxo novo de Eiranova
P
UXO
o reloxeiro o reloxo nas sete e vinte, pois tal hora era daquela, e baixou da escada que foi retirada polo Leonardo do Coxo. Arredouse o home unhas pasadas andando de arrecú e, ollando para o reloxo, díxolle ao Xes, que estaba ao seu lado:
—Levan vostedes reloxo para moitos anos. Máis dos que ha durar vostede e máis do que durarán os cregos que o sucedan nesta parroquia.
Naquel intre, o reloxo deu a media e o Andrés da Bouza botou un foguete que gardara da festa. Todos en Eiranova e mais nas parroquias de arredor souberon que o reloxo da igrexa xa estaba andando.
Recolleron os homes que viñeran para colocalo as súas ferramentas e, na súa furgoneta, arrincaron polo medio da xente que se congregara no adro para estar presente na instalación, e que agora se ía retirando camiño das súas casas. Aínda estaban moitos polo camiño, cando o reloxo deu as oito, e todos viraron as cabezas cara a el. O normal sería iso, se non fose que habería ocorrer algo que os obrigaría a contar as badaladas con atención a certas horas. Pero aínda faltaban catro horas para que recibiran, por parte do reloxo, o primeiro aviso de que o trebello ía protagonizar acontecementos sorprendentes.
O tempo foi pasando ao ritmo que lle é propio. O reloxo deu as nove e, na taberna, ao tempo que ollaban os reloxos de pulso, os homes comprobaron que andaba ben. Tamén tiveron este mesmo ritmo as badaladas que marcaban as nove e media e mais as dez, que foron comprobadas en todas as casas de Eiranova. O reloxo funcionaba tan ben que, se alguén atopou que había diferenza entre o seu e o da igrexa, non tivo reparo en axustalo á derradeira badalada, dándolle a razón ao alleo e quitándolla ao propio.
A badalada que avisaba que eran as dez e media xa non mereceu a atención máis ca dalgúns. E as das once foron moi poucos os que as contaron.
Cando o reloxo comenzou a dar as badaladas correspondentes ás doce da noite, xa moitos dos habitantes de Eiranova estaban na cama. Só Xes, que, encargado polos veciños de levar os trámites todos da instalación, dado que se poñía na igrexa, estaba preocupado e contaba as badaladas todas desde ............

书籍插图:
书籍《Omisteriodasbadaladas》 - 插图1
书籍《Omisteriodasbadaladas》 - 插图2

以上为书籍内容预览,如需阅读全文内容请下载EPUB源文件,祝您阅读愉快。

版权声明:书云(openelib.org)是世界上最大的在线非盈利图书馆之一,致力于让每个人都能便捷地了解我们的文明。我们尊重著作者的知识产权,如您认为书云侵犯了您的合法权益,请参考版权保护声明,通过邮件openelib@outlook.com联系我们,我们将及时处理您的合理请求。 数研咨询 流芳阁 研报之家 AI应用导航 研报之家
书云 Open E-Library » Omisteriodasbadaladas - (EPUB全文下载)